Buscar este blog

martes, 26 de enero de 2010

Empanada de atún da avoa Sara

Hai tempo que levo querendo aprender a facer empanada galega que tan ben lles sae a todas as avoas, así que un día, armada con libreta e boli púxenme a traducir o "xa cho vai pedindo" da avoa Sara nunha receita con cantidades e instrucións paso a paso mentres que ela ía cociñándoa. Pois ben, agora que a probei a facer eu e que a empanada saíu rica, aquí vos vai.

INGREDIENTES

Para a masa:
  • 750g de fariña de panadería
  • 30g de fermento
  • 500ml de auga
  • 1 cullerada de sal

Para o recheo:
  • 500g de atún
  • 1 cebola
  • 1/2 pemento vermello
PREPARACIÓN

Masa:
  1. Poñer a fariña nun recipiente e desfacer o fermento por riba
  2. Quentar a auga co sal sen que chegue a ferver
  3. Ir botando a auga pouco a pouco sobre a fariña e misturar cunha culler ata que se poida amasar
  4. Amasar, formar unha bóla e deixar repousar nun recipiente no que botaremos fariña no fondo e sobre a masa. Tapar cun pano que toque a masa.
Recheo:
  1. Sofritir a cebola e o pemento picados
  2. Mesturar co atún
  3. Apartar
Se vos gusta, tamén lle podedes botar un ovo cocido picado.

Montaxe:
  1. Untar a bandexa do forno con aceite e cubrir con fariña para que non se pegue
  2. Estirar a masa en dúas láminas (a de abaixo algo máis gorda)
  3. Poñer a lámina de abaixo sobre a bandexa
  4. Estirar o recheo sobre ela
  5. Cubrir coa lámina de arriba
  6. Pechar os bordes con axuda de auga para que pegue
  7. Adornar "churrusquitos" (tiras ou bólas de masa) sobre todo se hai nenos na casa
  8. Pinchar cun garfo a lámina de arriba para que non inche
  9. Cocer ao forno previamente quente a 200º uns 20-25 minutos
  10. Ao sacala do forno untar con aceite de xirasol para que non se endureza

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario